[#Vigo] Solidariedade co pobo Saharaui

Share

Hai hoxe 43 anos, Marrocos inicia a Marcha Verde (Marcha Negra) para invadir unha provincia española, o Sáhara Occidental. Uns 350.000 civís marroquís, seguidos de 20.000 soldados conseguiron pola forza a anexión dun territorio sobre o cal o Tribunal de Xustiza da Haia, só un mes antes, ditaminara que non existía ningunha soberanía marroquí. Pouco despois, España incumpriu as súas responsabilidades ao entregalo a Marrocos e Mauritania, asinando un acordo tripartito que non se axusta á legalidade, segundo establece a ONU dende aquela.

O PCG de Vigo quere alzar a súa voz en solidariedade co pobo saharauí e esixir que lles sexa devolto o seu territorio, que se restablezan os seus dereitos, e poida acceder ao dereito á autodeterminación.

Viva a RASD

Viva o pobo saharauí

Marrocos culpable

España responsable

Share