Galloso e Seoane. 70 cabodano do seu asasinato.

  Hoxe, un 6 de novembro de 1948, cometíase unha das máis viles traxedias que sentiu este país. Os loitadores comunistas José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, responsables do […]
Share

 

Hoxe, un 6 de novembro de 1948, cometíase unha das máis viles traxedias que sentiu este país.

Os loitadores comunistas José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, responsables do PCE en Galicia e da 4ª Agrupación Guerrilleira, respectivamente, eran fusilados polo goberno ilexítimo nun xuízo sen as mínimas garantías procesais polo único “delito” de servir á causa de todos.

A vontade inquebrantable destes heroes do pobo traballador, daqueles que consagraron a súa vida ao combate fronte ao terror, sirve de guía para quen día a día rebélase contra os envites da miseria e a voraz avaricia da explotación capitalista.

Os fillos da súa loita, o seu Partido, rememora un ano máis a súa entrega e exemplo.

O domingo 11 ás 13 horas no Cemiterio Civil de San Amaro (A Coruña) celebrarase a homenaxe no 70 cabodano do seu asasinato.

Share