O PCG PIDE O CESE DO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

Share

Analizando a información publicada e posicionamentos diversos, parece deducirse que a  responsabilidade do accidente do Marisquiño non sexa atribuible principalmente á entidade organizadora do evento, dado que fallou unha infraestructura da que non é responsable e da que sí son  responsables as autoridades portuaria ou municipal.

A responsabilidade de cada unha destas administracións terá que dirimirse no ámbito administrativo ou no xudicial, pero pola nosa parte valoramos que ambas administracións teñen responsabilidade política, dado que tanto a Autoridade Portuaria, como o Concello de Vigo estaban obrigados a revisar técnicamente o estado das instalacións que cederon ou que recibiron e ningunha delas o fixo adecuadamente.

No caso do presidente da Autoridade Portuaria, consideramos que o asunto cobra maior gravidade, por ser o titular da instalación, pertencente ó Ministerio de Fomento. Dado que gastou as súas enerxías na teima privatizadora dos servizos do porto e na inquina contra os traballadores da estiba, porque parecíalle que cobran de máis, había xa motivos suficientes para pedir o seu cese, pero agora, tralo sinistro do Marisquiño, temos un argumento máis.

O ministerio de Fomento debe cesar de inmediato ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.

Share