[Vigo] Día das Agrupacións do PCG na Comarca de Vigo

Share

A burguesía española e galega, na súa loita contra a clase que obreira, hexemoniza o discurso mediático procurando despistarnos con trampas comunicativas diversas. Dende fai un ano, os medios do sistema insisten en que o PIB no Estado español, que xa acadou os niveis de 2007 (ano en que explotou a burbulla inmobiliaria), segue crecendo. Que hai máis afiliación a seguridade social. Que o paro disminúe algo. Que a este ritmo de austeridade para o pobo, pronto poderá haber mellores salarios.

O que non explicitan tanto é que se está xerando a mesma producción, pero traballando 1.7 millóns de persoas menos, que pese ó retorno de inmigrantes ós seus países pola crise (especialmente na construcción), seguimos no podio do paro cun 17 %, despois de Grecia, 20%, fronte a media da UE, 7,5%. Que España lidera o paro xuvenil na OCDE cun 40% de mocidade desempregada. Que a precariedade laboral é altisima e os niveis salais normalmente moi baixos. Na última década o SMI subíu apenas un 5%, mentras que o IPC doblou esta cifra. En todas estas cifras as mulleres soportan en conxunto unha carga maior. Perpetrou ademais o goberno outras agresións como subidas do precio do Gas, en parte polo fiasco da empresa Castor; subida desvergonzada da electricidade; subida das pensións un 0,25% por quinto ano consecutivo.

Fronte a isto precísase unha firme loita de resistencia anticapitalista e antiimperialista a diferentes niveis: social e institucional. Compre a loita institucional nos concellos e parlamentos, compre a loita social sindical, veciñal ou medioambiental. Pero dende o marxismo–leninismo sabemos que únicamente coa presenza dun Partido Comunista forte se poden superar os límites do economicismo sindical, dos localismos, das dificultades inherentes as condicións sociais da clase traballadora. Esta necesidade é compartida polos sectores máis conscientes da clase obreira.

Chegados a este punto debemos salientar, con modestia realista, pero tamén con orgullo, que o PCG na comarca de Vigo somos a organización que mellor pode abrir camiño con ese propósito. Pese ó ninguneo mediáitico, estamos crecendo en afiliación e organizació(n algo extraño no contexto actual).

Vai uns tres anos tiñamos unha agrupación comarcal única e cada ano celebrabamos a entrega de carnets nun reconfortante acto de fraternidade entre camaradas. Logo pasamos a denominar dito acto como Día da Agrupación cun carácter máis amplo. O crecemento afiliativo e potencial de cadros obrigounos a constituir primeiramente as agrupacións locais de Ponteareas e Vigo. Neste pasado ano iniciamos o proceso de constitución da agrupación local de Val Miñor. Neste ano que entra estamos ademáis chamados a iniciar o proceso de sectorialización do Partido, en liña co aprobado no pasado XX Congreso do PCE, para estar presentes nos centros de traballo e sectores sociais diversos. O “Día das Agrupacións do PCG da Comarca de Vigo” é un espazo non só para nos, a militancia do Partido Comunista, senón tamén para a nosa clase. Para que coñezan cal é o seu partido; o que vai loitar polos seus intereses.

Animarvos a coñecer ao PCG na comarca de Vigo e asistir ao acto. Celebrarse o vindeiro día 20 de xaneiro ás 19:00 no local Asociación veciñal Val do Fragoso.

Share
Tags: ,