O PCG celebrará o 8 de outubro o seu XIV Congreso

Segundo o mandatado no Comité Central do PCG do pasado 25 de marzo o Partido Comunista de Galicia deu inicio do proceso congresual do seu XIV Congreso, que, segundo o […]
Share

Segundo o mandatado no Comité Central do PCG do pasado 25 de marzo o Partido Comunista de Galicia deu inicio do proceso congresual do seu XIV Congreso, que, segundo o calendario e normas aprobado terá lugar o vindeiro 8 de outubro do 2017.

A partir da aprobación das Normas, o Comité Central garantirá a máxima organicidade en todo o proceso congresual, velando polo cumprimento de todos os prazos establecidos e asegurando a limpeza democrática e a transparencia desde as Agrupacións ao Congreso do PCG.
1. CALENDARIO DO PROCESO CONGRESUAL DO PCG

8 de xullo de 2017 ás 16:30
Convocatoria do Comité Central para aprobar datas e normas
e apertura do prazo de alegacións ao censo.

Entre o 8 de xullo e o 27 de agosto de 2017
Traballo da Comisión redactora de documentos

1 de setembro de 2017
Peche de prazo de alegacións aos censos

7 de setembro de 2017
Convocatoria de Comité Central do PCG para aprobar os documentos e publicación do censo
definitivo.

Do 7 de ao 28 de setembro de 2017
Celebración de asembleas comarcais e elección de delegados e delegadas ao XIV
Congreso.

Ate o 4 de outubro de 2017
Data límite de recepción de emendas e listaxes de delegados e delegadas na Secretaría de
Organización do Comité Central do PCG.

8 de outubro de 2017
Celebración do XIV Congreso do PCG.
As emendas e as listaxes deben estar en formato dixital e enviaranse ao correo
electrónico da mencionada Secretaría: organizacion@pcgalicia.org

 

Share