[A Coruña] COMUNICADO DO PCG POLO FALECEMENTO DO CAMARADA JOSÉ LUIS CADÓRNIGA

Share

Fóisenos outro camarada. Un dos que deixa un oco enorme; e faino pola súa entrega, solidariedade, conviccións e compromiso. Un exemplo de militancia que está moi por encima das súas condicións físicas (presumía de ser o primeiro e único transplantado que seguía en activo profesionalmente).

Xa non teremos a túa voz potente e grave á vangarda das manifestacións arengando aos compañeiros con consignas combativas. Non contaremos coa defensa recia dos teus razoamentos nas nosas asembleas. Botaranche de menos os teus compañeiros de traballo e sindicato cando non te vexan chegar ás súas oficinas a informar sobre regulación, negociacións, mobilizacións etcétera. A Pasionaria que preside o local do sindicato nas oficinas de novos ministerios tamén te botará de menos.

Sempre na vangarda da loita e a retagarda da organización e compromiso, sempre coas túas armas a cadeira e o micrófono, a fouce e o martelo.

Comunista disciplinado e azoute de heterodoxias desleais, conseguiches que ese corazón prestado volvésese comunista a base de bombear o teu sangue vermello.

Mágoa que a túa saúde non estivese á altura da túa grandeza moral e humana.

Non quixese deixar de dar un forte abrazo a túa muller e demais familia que son quen sofren as sombras da súa perda sen o colchón da rutina.

Camarada José Luís Cadórniga estarás sempre nos nosos corazóns e na nosa loita.

STTL

Share