FESTA DO PCG 2017

Share

O sábado 10 de xuño celebramos en Ourense a Festa do Partido Comunista de Galicia e convidámosvos a que participedes neste encontro de debate e de lecer.

Dentro das actividades que se levarán a cabo na xornada, como é habitual, contaremos con varias mesas de debate nos seguintes horarios:

11:45: “A igualdade e a mercantilización dos corpos das mulleres: Prostitución e ventres de aluguer”. Nesta mesa participarán a Secretaria de Muller do PCG Isabel Sánchez e a secretaria de feminismo da Xuventude Comunista Rosa Trillo, contará tamén coa participación de Yerma González Hevia , psicóloga e membro do Foro Feminista “Falando nós”

13:15: “Solidariedade e soberanía dos pobos ante o golpismo imperialista”

A cargo da Secretaria Xeral Eva Solla, contará coa presencia de Manu Pineda, activista e responsable de Relacións Internacionais do PCE, que falará das diferentes experiencias en países como Palestina ou Siria.

17:30: “100 aniversario da Revolución Bolchevique” A cargo de Manuel Peña-Rey, Presidente de Honra do PCG, Xesús Alonso Montero, e os membros da Xuventude Comunista Ángela Serantes e Emiliano Cossini.

Alén dos espazos de debate, haberá un xantar popular e espazo de lecer, no que haberá mesas dos colectivos convidados así como exposicións.

Ás 20:00 rematará a xornada co Mitin Central, a cargo da Secretaria Xeral do PCG, Eva Solla, Manu Pineda por parte do PCE e Alejandro Martínez, Secretario Político da XC.

No campo da feira haberá pulpeira para aquelas persoas que queirades quedar a comer.

Share