[VIGO] Sobre o dereito a folga e a represión sindical

Share

Hai tempo que somos conscientes de que a liña seguida polos gobernos de quenda camiña cara a ilegalización o dereito á folga. Baixo amparo do artigo 315.3 do Código Penal, son moitos os casos de compañeiros e compañeiras que están á espera de xuízo ou xa sancionados/as polo feito simple de defender o seu dereito.

Nos últimos anos, cerca de 300 persoas foron procesadas por participar en folgas e piquetes. Ben coñecemos aquí o caso de Carlos e Serafín condenados a tres anos e medio de cárcere.

O artigo, redactado na transición como forma de coacción aos espazos sindicais de clase aínda ilegais, leva anos cuestionado pola Organización Internacional do Traballo (OIT) e denunciado polos sindicatos.

Uns días despois de ser presentada e aprobada no Congreso dos (e das) Deputados(/as) unha Proposición non de Lei para eliminar este punto do artigo, 22 traballadores -13 deles xa despedidos- afrontaban un xuízo por coaccións nunha folga, baseándose neste mesmo parágrafo. A acusación particular (varios membros da dirección da empresa) pedía tres anos e medio de cárcere para eles, entre os que contamos ao comité de empresa que había en 2007. Grazas a esta folga, conseguiron melloras salariais e carga de traballo.

Outra victoria chegada o 26 de maio, cando coñeciamos que Citroën vulnerou o dereito a folga de 18 traballadores, condenado polo TSXG grazas ao traballo e loita dos compañeiros organizados.

A arma que emprega a patronal contra a organización sindical e obreira está clara para nós, sufrímola. Mais tampouco esquecemos que nas nosas mans baleiras está a resposta: Nin un paso atrás na defensa dos nosos dereitos!

Share