O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA LAMENTA O PASAMENTO DE FIDEL CASTRO RUZ E ESTARÁ PRESENTE NOS ACTOS DE HOMENAXE

Share

Esta mañá coñeciamos a triste nova do falecemento do líder da Revolución Cubana, o Comandante en Xefe Fidel Castro Ruz.

Dende o Partido Comunista de Galicia manifestamos o noso fondo pesar e os nosos respetos á súa familia, camaradas e ao pobo cubano e con especial atención, ao corpo diplomático e persoal do Consulado cubano de Santiago de Compostela, ao Cónsul Xeral José Antonio Solana Fernández e á Consul María Laura Urra Fernández.

Fidel Castro foi un exemplo de loita pola soberanía, pola xustiza social e pola solidaridade internacional. Un facho de luz na loita contra a pobreza, o analfabetismo e a falla de acceso á saúde. Pero sobre todo, un revolucionario que mudou para sempre a historia do seu pobo, de América latina e do mundo enteiro.

Dende o Partido Comunista de Galicia, tal e coma tamén manifestou o propio PCE, sumámonos a todas as homenaxes na súa honra e estaremos presentes mañá domingo 27 de Novembro, ás 12:30 no acto convocado pola Asociación Galego-Cubana Francisco Villamil que terá lugar na praza do Toural en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 26 de Novembro de 2016

Eva Solla Fernández
Secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia

fidel-castro

Share