[PONTEAREAS] CRÓNICA DO ACTO ORGANIZADO POLO PCG E A XC SOBRE O TTIP

Share

 

Este pasado venres 18 de novembro o PCG e a XC organizamos un acto sobre o TTIPen Ponteareas, onde contamos coa participación do compañeiro Xosé Luis Outes Ruso, catedrático de economía na Universidade de Vigo. Desfrutamos dunha interesante conferencia, onde Outes nos deu a coñecer o proceso escurantista de elaboración deste tratado e todas as consecuencias negativas que terá para a vida das persoas e o medio ambiente.

Foto do Acto TTIP
Explicou que o TTIP fomentará a privatización dos servicios públicos e afectará directamente ás condicións laborais, sendo unha ameaza para a negociación colectiva e o dereito de organización e asociación das traballadoras e traballadores. Tamén expuxo o perigo que suporá, coa reducción da normativa ambiental, a introducción de sustancias nocivas para a saúde e o medio, e que actualmente están prohibidas na UE.

Destacou que este tratado suporá a privatización da xustiza, crearanse tribunais internacionais privados para eludir as normativas dos diferentes estados e incluso denuncialos, en caso de que consideren que se atenta contra os intereses dos inversores. A conclusión que expuxo é que na aplicación do TTIP subxace o conflicto capital-traballo, xa que este tratado está pensado para favorecer os intereses do capital, encarnado principalmente nas empresas transnacionais, en detrimento dos dereitos da clase traballadora.

Cartaz acto

 

Share