O PCG APOIA AS CONCENTRACIÓNS EN SOLIDARIEDADE COA FLOTILLA “RUMBO A GAZA”

Share

Mañá mércores día 5 de Outubro BDS-Galiza e a Marcha Mundial das Mulleres convocarán concentracións nas principais cidades galegas para apoiar a “Flotilla da Liberdade” que navega rumbo a Gaza, ameazada a día de hoxe polo Estado de Israel.

Trece mulleres constitúen a tripulación do Zaytuna-Oliva, nunha acción encamiñada a denunciar o criminal bloqueo que o Estado israelí mantén sobre Gaza e a ocupación sobre os territorios palestinos.

A poboación de Gaza soporta a represión continua con máis de 600 postos de control militares (check points) que lles impiden circular con liberdade e servizos diferenciados para a poboación palestina, constituíndo un verdadeiro apartheid na que os colonos conculcan cos dereitos humanos da poboación local.

No ano 2014 Israel cometeu sobre a poboación gazatí crimes constitutivos de xenocidio coa operación “Marxe Protector” asasinando a centos de persoas, incluídos nenas e nenos.

O Partido Comunista de Galicia reitera o seu compromiso coa causa palestina, co proceso de descolonización e coas accións de denuncia do colectivo da iniciativa “Rumbo a Gaza” e considera inadmisible a ameaza do Goberno israelí sobre a Flotilla na que navegan pacificamente as trece activistas, polo que convida á militancia e simpatizantes a participar nas concentracións de mañá mércores.

concentracionzaytuna

Share