O PCG DI ADEUS AO CAMARADA ANTONIO VIGIL

Hoxe é un día triste. Tócalle a Antonio Vigil partir só. Os seus átomos se disgregan e volven de forma desordenada a un mundo que o noso camarada, amigo, compañeiro […]
Share

Hoxe é un día triste. Tócalle a Antonio Vigil partir só. Os seus átomos se disgregan e volven de forma desordenada a un mundo que o noso camarada, amigo, compañeiro e pai loitou por transformar.

Quen o coñecemos e queremos botamos xa en falta a súa alegría fraternal, sanguínea e socarrona. Botamos de menos a súa voz particular e potente que atravesaba asembleas e reunións para criticar e unir. Os seus dardos certeiros e lacónicos que lanzaba sen piedade contra todo tipo de mediocridad e estulticia. Non era unha persoa cómoda; era unha persoa de  verdade.

Quédanos ademais o seu exemplo voluntarioso para levar a cabo tarefas que requirían esforzo cotián para soster as diferentes campañas lanzadas pola organización, feitas de rúa e de palabras; cuestións que outros, altivos e equivocados, entenderían menores. Antonio nunca se escudou nas limitacións físicas impostas por un fluxo sanguíneo vago nunha das súas pernas.

Antonio pelexou e perdeu moitas batallas sen levantar bandeiras brancas. Coñeceu o saqueo do PSOE histórico, despregou a vontade rebelde e plural de EU e pediu o ingreso na que soubo que sempre foi a súa casa o Partido Comunista de Galicia, o PCE.

Antonio, como eu, como nós, estaba convencido de que a loita de clases é o motor da Historia. E que había que facer o posible para conseguir que a clase obreira volvese tomar conciencia da súa propia realidade. Que o mundo ten que cambiar e que debemos organizarnos desde a unidade e a planificación para que o gran de area que poñemos nese sentido tórnese nunha enorme duna que forme un forte alude que arrase todo o lixo que o capitalismo trae ao mundo, á existencia cotiá dos pobos, das persoas.

Camarada, eu e quen tamén te quere esperabamos poder gozar da túa compañía durante moito máis tempo. Sei que isto non vale de nada, que non o vas a oir nin ler. Sei tamén que estas cousas non se din en persoa, demóstranse no mellor dos casos. Creo que che levas de forma consciente o agarimo de quen che preocupan, a quen non deixas indiferente.

Tomaremos á túa memoria co gozo, ímpetu e ganas coas que apuraches a vida.

Parafraseando a Neruda, fixécheste indestructible porque non terminas en ti mesmo, continúas en nós, os teus camaradas, amigos e a túa familia.

Ata sempre camarada!
Viva a República!
Comunismo ou barbarie!

Alberto Vilariño
Secretario Político PCG comarca A Coruña

Share