TODO O NOSO APOIO AOS PAROS NOS #ContactCenters

Share

Colgamos os cascos por unha vida digna!
fb_img_1474402261109

Despois de máis de 18 meses nos que as negociacións do novo convenio colectivo que afecta aos Contact Center se atopan encalladas, as aproximadamente 96000 traballadoras e traballadores do sector, das cales un 50% son menores de 35 anos, están chamadas a secundar os paros parciais os próximos 22 e 29 de setembro, así como a folga do 6 de outubro, se a patronal mantén a súa firme posición de asinar un novo convenio que supón un grande retroceso nas condicións laborais para as traballadoras e traballadores do sector.

A patronal mantén secuestrada a negociación coa fin de precarizar aínda máis as nosas vidas. Flexibilidade laboral, temporalidade, xornadas parciais, salarios míseros, obxectivos inacadables, despidos por non colocar o produto de turno, ademáis de ter que soportar enfermidades laborais asociadas ao estrés pola presión exercida para o cumprimento de obxectivos. Pretenden impór retrocesos como a redución de horas médicas ou maior flexibilidade laboral.

A mobilización é o único xeito de frear a ofensiva patronal. A mocidade está farta de precariedade, de non poder desenvolver un proxecto de vida porque vivimos dependentes das empresas que só pensan en multiplicar os beneficios avocándonos a unhas condicións laborais de semiesclavitude.

Por un convenio colectivo que dignifique as condicións de traballo no sector dos Contact Center, a Xuventude Comunista e o Partido Comunisto de Galicia apoian os paros parciais do 22 e do 29 de setembro, así como a folga do 6 de outubro, e fai un chamamento ao conxunto de traballadoras e traballadores do sector a secundar ditas mobilizacións. É momento de dar un paso adiante e demostrar á patronal que a clase obreira organizada sempre vencerá.

Share