[Vigo] COMUNICADO EN APOIO ÓS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE CLECE

Share

A través do seu Comité de Empresa, os traballadores e traballadoras de Clece, que desenvolven as tarefas de limpeza en PSA Citroën, convocaron hoxe unha folga de dous días (2 e 3 de setembro).

A razón é a seguinte: a empresa comunicou a 7 traballadoras en periodo vacacional e a través de burofax, que serán trasladadas para traballar noutros centros da provincia, que chegan a estar nalgúns casos a 70 km da fábrica de PSA (centro de traballo habitual). O Comité de empresa de Clece en Citroën afirma que este de seguro non será o último dos abusos por parte da empresa. Fartos e fartas non o pensan consentir.

clece psa

No día de hoxe comezaron as diferentes accións. Pola mañá levouse a cabo unha marcha reivindicativa ata a sede de Clece e, pola noite, no cambio de quenda, realizarase concentración na porta de Citroën.

Desde a Agrupación do PCG na localidade de Vigo e a Xuventude Comunista apoiamos totalmente a súa loita e convidámosvos a que vos solidaricedes co persoal e acudades ás concentracións que están programadas estes días, a próxima:

Hoxe 2 de setembro ás 21:15 na porta de Citroën

A arma do obreiro e a obreira, a solidariedade.

Share