CONFERENCIA GALEGA DA PRIMEIRA FASE DO CONGRESO DO PCE

O Partido Comunista de Galicia arranca co traballo enmarcado na primeira fase do XX Congreso do PCE, que se celebrará o 9 de abril en Madrid. Empezamos coas celebracións das […]
Share

O Partido Comunista de Galicia arranca co traballo enmarcado na primeira fase do XX Congreso do PCE, que se celebrará o 9 de abril en Madrid.

Empezamos coas celebracións das Asembleas Congresuais Comarcais, onde toda a base debaterá a fondo os documentos presentados nesta primeira fase e faranse as presentacións de emendas. A continuación van as convocatorias que se darán por Galicia, á que está convocada toda a militancia (con voz e voto) e tamén estarán abertas ás e aos simpatizantes (con voz pero sen voto):

 

  • A Coruña: 2 de marzo, na sede do PCG
  • Ourense: 9 de marzo, ás 19:00h na sede do PCG
  • Ferrol: 10 de marzo, ás 20:30h na sede do PCG
  • Vigo: 12 de marzo, ás 10:30h na sede do PCG
  • Barbanza: 6 de marzo, ás 20h (debate das Teses Políticas); 12 de marzo ás 20h (votación da emendas). Na sede do PCG en Boiro.
  • Pontevedra: 11 de marzo, ás 20h, na sede do PCG.
  • Arousa: 11 de marzo ás 20.30h, na sede do PCG.
  • Compostela: 9 de marzo, ás 20h na sede do PCG.
  • Lugo: 15 de marzo, ás 20h na sede do PCG.

 

As conclusións recollidas nas asembleas serán levadas á Conferencia Galega da Primeira Fase do XX Congreso do PCE (á que tamén está convocada toda a militancia), que será o 19 de marzo na sede nacional do PCG en Santiago de Compostela. Nesta, ademais do debate das emendas e resolucións, elixiranse o cupo correspondente a federación galega de 8 persoas delegadas, que serán as que acudan ao Congreso do 9 de abril en Madrid.

 

Documentación da primeira fase do Congreso:

TESIS XX CONGRESO PCE

PARTE 1_CONFERENCIA GALEGA XX CONGRESO PCE

PARTE 2_CONFERENCIA GALEGA XX CONGRESO PCE

PROPOSTA HORARIO CONFERENCIA

PROPOSTA REGULAMENTO CONFERENCIA GALEGA PRIMEIRA FASE XX CONGRESO DO PCE

 

Esta entrada irase actualizando coas datas das asembleas comarcais que se vaian anunciando e as documentacións necesarias.

 

correxido

 

 

 

Share