[Vigo] O PCG ESIXE A APERTURA DUNHA AUDITORÍA A LINORSA

O PCG solidarízase co persoal traballador da empresa LINORSA na súa loita por cobrar os seus soldos lexítimos atrasados. Saudamos o traballo sindical unitario que se está a desenvolver. Esiximos a intervención […]
Share

O PCG solidarízase co persoal traballador da empresa LINORSA na súa loita por cobrar os seus soldos lexítimos atrasados. Saudamos o traballo sindical unitario que se está a desenvolver.

Esiximos a intervención da Inspección de Traballo e da Consellería de traballo da Xunta de Galicia coa finalidade de abrir unha auditoría de legalidade, de xestión e de riscos desta empresa con cargo á parte empresarial dos custes que se ocasionen. Que cumpran a propia lei Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social!.

Esiximos que as administracións públicas contratantes supervisen o axuste á legalidade desta empresa nas súas relacións laborais, poñendo en valor toda a súa capacidade administrativa para obrigar á esta patronal a cumprir co seu deber.

Non se pode consentir como normal que unha empresa incumpra as súas obrigas salariais respecto do seu propio persoal, mentres as administracións públicas implicadas, tanto de inspección como contratantes, miran para outro lado .

Ánimo na loita obreira! Ánimo no traballo sindical unitario!

Share