[Vigo] CONVITE DÍA DA AGRUPACIÓN PCG EN VIGO

Share

Estimados/as camaradas,

Comezamos un novo ano, un ano no que a clase traballadora deste país seguirá a sufrir os efectos desta crise xerada polo sistema capitalista e patriarcal que estáse a levar por diante os servizos públicos, os dereitos e liberdades das clases populares que foron levantados durante anos a base dunha dura loita popular.

Dende o comité comarcal do Partido Comunista de Galicia en Vigo facemos un chamamento a toda a militancia para traballar para que este ano 2016 as loitas da clase obreira e das clases populares esten presentes nas rúas galegas para por freo ás imposicións neoliberales. Un ano onde é necesario reforzar o noso Partido para que a nosa resposta comunista chegue con máis forza a todas as loitas.

É por iso que queremos faceros participes da celebración do noso Día da agrupación que terá lugar este sábado 16 de xaneiro as20h30 na A.V. Val do Fragoso, fronte ao estadio de Balaidos. Un acto no que contaremos con intervencións politicas, actuacións musicais, entrega de carnéts, a presentacion do Boletin informativo comarcal e a degustación duns petiscos e viños de confraternización.

Convidámosvos a participar nun acto que servirá para visivilizar o noso partido na comarca pero que tamén nos axudará a coller as forzas necesarias para levar adiante un ano en loita ao servizo do empoderamiento da clase traballadora.

Contamos coa túa presenza a este acto de carácter aberto. Durante o mesmo poderedes colaborar económicamente cunha pequena aportación voluntaria para sufragar os parte dos gastos.

dia da agrupacion pcg_vigo

 

Share