[Vigo] O PCG NA COMARCA DE VIGO MOSTRA O SEU APOIO Á LOITA DO POBO SAHARAUI

Desde o Partido Comunista de Galicia na comarca de Vigo non podemos nin queremos esquecer que hai 40 anos, o 14 de novembro de 1975, coa firma do Acordo Tripartito de […]
Share

Desde o Partido Comunista de Galicia na comarca de Vigo non podemos nin queremos esquecer que hai 40 anos, o 14 de novembro de 1975, coa firma do Acordo Tripartito de Madrid, o goberno español representado por Juan Carlos de Borbón xunto con Marrocos e Mauritania, condenou ao Pobo Saharaui ao sometemento, á destrución e ao exilio. Corenta anos despois a traizón mantense.

O Pobo Saharaui leva catro décadas resistindo con valentía e dignidade, en condicións de absoluta precariedade nos Campamentos de refuxiados e de sometemento absoluto e violación permanente dos Dereitos Humanos no seu propio territorio, O Sahara Occidental, ocupado ilegalmente por Marrocos.

A día de hoxe, unhas 150.000 persoas viven na parte do Sáhara Occidental baixo ocupación marroquí e centos de activistas prol-saharauis foron detidas e torturadas polas autoridades de Marrocos. Unhas 30.000 viven na parte do Sáhara Occidental controlada polo Fronte Polisario. E outras 120.00 viven nos campos de refuxiados construídos no deserto de Alxeria.

Desde o PCG na comarca de Vigo reafirmámonos no noso compromiso de apoio ao Pobo Saharaui na súa xusta loita pola liberdade e a defensa do seu territorio e recoñecemos a Fronte POLISARIO como o seu lexítimo representante na súa loita polo recoñecemento pleno e universal da República Árabe Saharaui Democrática.

Share