[Vigo] CRÓNICA 1º DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA CLASE OBREIRA

Share

Miles de persoas saíron á rúa neste 1º de Maio en Vigo, que precede a unhas municipais coa chamadas á converxencia social, e un clamor social polo cambio das políticas do austericidio do goberno do PP e do seu antecesor o PSOE. Os berros contra a nefasta xestión e a corrupción dos distintos gobernos foi unánime. O percorrido habitual deu comezo no cruce de Urzáiz con Vía Norte, rematando diante do edificio da Xunta de  Galicia na rúa Concepción Arenal.

O PCG estivo un ano máis apoiando a manifestación convocada polos sindicatos de CCOO e UGT, chamando á mobilización e unión de todas/os as/os obreiras/os, nun momento de extrema necesidade, cun desemprego que non deixa de subir a pesar das pinceladas do sistema (45.542 persoas desempregadas na comarca de Vigo), a emigración das persoas que non atopan aquí futuro algún, a precarización e explotación encarnizada cada vez con maior lexislación a favor da patronal.

A CLASE OBREIRA EN LOITA!

vigo1demaio

Share