[Vigo] CRÓNICA MANIFESTACIÓN 14 DE ABRIL

Share

Neste 84 aniversario da proclamación da II República, e no camiñar cara a terceira, na cidade de Vigo mobilizáronse preto dun millar de persoas, para que o mandato do novo monarca sexa coñecido como o de “Felipe o breve”.

Na tradicional manifestación desde a Farola de Urzáiz ate a rúa da II República convocada, como cada ano, pola Asemblea Republicana de Vigo, os berros a favor da República e a fin da imposta monarquía e contra o sistema capitalista que a leva da man, non paraban de acompañar a marcha.

Unha vez alcanzada a devandita rúa da tricolor, procedeuse á lectura de manifestos cheos de republicanismo, laicismo, feminismo… A lectura do manifesto principal deuse por parte do presidente da Asemblea Republicana, Celso López. Posteriormente as camaradas da Xuventude Comunista, Águeda Estévez e Ángela Serantes, deron lectura ao manifesto en contra da reforma da lei do aborto para as menores de 16 e 17 anos. Rematando o acto cunhas verbas do periodista Eduardo Royal.

VIVA A REPÚBLICA!

fotoWEB

Vídeo manifestación en Vigo 14 de Abril 2015 

Share