TRABALLADORES/AS DA EMPRESA KAUMAN EN LOITA POLA MELLORA SALARIAL

Share

Desde o PCG amosamos o noso apoio ás mobilizacións dos/as traballadores/as da empresa Kauman en Ponteareas, que están en loita por unha mellora salarial.

Os 47 traballadores da empresa Kauman, situada na aldea de Bugarín (Ponteareas), compañía da industria química, dedicada á fabricación de bandas transportadoras de caucho, decidiron convocar mobilizacións para reclamarlle á empresa unha subida salarial do 3% o primeiro e o segundo ano, o que significaría un incremento de 31 euros mensuais para cada traballador/a. A compañía realizou unha contraoferta dun 1,5% por un ano, o que suporía aumentar os soldos unicamente en 10 euros ao mes.

Actualmente están regulados polo convenio estatal de químicas, pero hai un desigual reparto interno dos complementos de posto de traballo (CPT) por beneficios, un total de 143.000 euros, que recaen exclusivamente sobre uns poucos directivos, colocándose algúns deles un 30% por encima do convenio. Algún directivo cobra de CPT o que os traballadores normais cobran de salario.

Fronte a eses feitos, a proposta da empresa foi rexeitada en asemblea pola totalidade do cadro de persoal.

Esta situación non é nova nin exclusiva desta empresa. As sucesivas reformas laborais, ditadas pola patronal e executadas polo PPSOE, abocaron progresivamente á clase obreira ao marco legal actual, marcada pola total indefensión fronte a patronal á hora de negociar convenios e dereitos colectivos. Cada nova reforma laboral supuxo un avance clave para o sistema capitalista: mentres se restrinxe o marco de resposta da clase traballadora, fortalécese o poder dos capitalistas.

Debido a situación na que se atopan, os/as traballadores/as de Kauman están preparando unha manifestación no casco urbano de Ponteareas.

logo_sintura

Share