[Vigo] EXEMPLO DE LOITA VECIÑAL CONTRA A INSTALACIÓN DO BARCO ALFAGEME NA ROTONDA DE COIA

Share

O PCG considera que o sentido común da veciñanza é impedir que o desbarate de cartos públicos se consigne de novo en esta obra, e lembra que foi o pleno do Concello o que se manifestou en contra de realizar esta obra.

O PCG lamenta a citación do noso Partido por parte do alcalde como “instigador de actos violentos” e considera que as veciñas e veciños de Coia e de Vigo están respondendo de xeito democrático ás continuas ameazas e provocacións do alcalde, que, de un xeito tiránico está a utilizar á policía local contra a veciñanza, levando a cabo detencións arbitrarias e abusivas para implantar o medo nas persoas que pacificamente se están manifestando en contra da colocación do barco.

O PCG considera que para explicar o que está a pasar no barrio de Coia con esta obra hai que partir do contexto da indignación cidadá ante unha situación social de emerxencia, nun barrio ameazado polos declives de emprego provocado polo desmantelamento industrial na cidade (naval, automoción,..), ameazado pola inexistencia de axudas sociais ou a súa dilatación nos trámites que están levando a centos de veciñas e veciños a case exclusión social. Este contexto, non outro de criterios estéticos ou de oportunidade política, é o que explica a determinación veciñal por parar a instalación do barco, que superará os 100.000 euros e pode incluso roldar os 300.000 segundo algunhas fontes.

O PCG valora que os barrios en pé pola súa dignidade, por evitar de novo prácticas de desbarate de diñeiro público e especulación urbanística, é a demostración máis palpable de que a cidadanía non está disposta a pagar a crise que gobernantes e os seus aliados provocaron.

O PCG reafirma a súa convicción de que a loita organizada, a resistencia veciñal e a solidariedade son as mellores armas para trocar a nosa cidade e os nosos barrios. Así mesmo, o PCG chama a veciñanza a participar na manifestación convocada para hoxe, venres 16/01 ás 20h, desde Praza América ata a rotonda de Coia.

coia

COMITÉ COMARCAL DO PCG-VIGO

Share