FALECE O CAMARADA JOSE CARLOS LOSADA, MILITANTE DENDE O ANO 1933

Share

Na mañá do domingo 6 de abril finou José Carlos López Losada, militante histórico do Partido Comunista de Galicia, acompañado e axudado de maneira constante por María López, a súa filla. O camarada padecía dunha recente efermidade da cal xa non puido sair.

José Carlos López Loasada nace un 29 de decembro de 1920 no seo dunha familia traballadora da cidade de Vigo. Xa dende moi pequeno, comezan as súas primeiras inquetudes políticas que o levan a querer militar na Xuventude Comunista, pero dada a súa corta idade acaba ingresando na organización dos pioneiros do Partido Comunista proclamada a 2ª República.

A mediados dos 50, José Carlos é detido pola policía por berrar en público sobre as condicións de miseria e fame que se daban no país, dando lugar a una estadía de 3 meses no cárcere da que só lograría saír grazas á insistencia da súa irmá. A súa vida transcurriu marcada polo terror producido por parte de falanxistas e o clero. No ano 1977 coa legalización do PCE, volta militar oficialmente no mesmo xunto con outros comunistas históricos do PCG.

Dende o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista facemos un chamamento a acudir ao funeral que terá lugar mañá luns 7 no cemiterio de Santa Mariña ás 17:00h para facerlle unha última homenaxe de despedida ao noso benquerido camarada e para que queda de maneira indeleble na memoria dos combatentes revolucionarios que José Carlos López Losada sempre estará en garda e sempre a súa garda será xoven.JOSECARLOS

Share