espacio
Portada Volver Contactar
espacio
O PCE LAMENTA O FALECEMENTO DE HUGO CHAVEZ
 
O Partido Comunista de España, o seu secretario Xeral José Luís Centella, e a responsable de Internacional Maite Mola, queren transmitir o seu máis profundo pesar polo falecemento do presidente da República bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías, aos seus familiares e a todo o pobo venezolano. Son momentos duros para os revolucionarios do mundo, pero estamos seguros que sairemos adiante como así el mesmo quixera.
 
 
Partido Comunista de Galicia
martes, 05 de marzo de 2013


Ninguén pode dubidar da obra do Presidente Hugo Rafael Chávez Frías, en áreas como a sanidade ou a educación, a recuperación económica dun país que recibiu en bancarrota, a repartición das ganancias do petróleo entre toda a poboación. É de destacar así mesmo o seu importante papel e impulso da construción rexional de América latina e o Caribe, creando estruturas como a ALBA.
Pero sobre todo hai que resaltar a democratización da política venezolana, os excluídos historicamente agora poden facer política, os políticos teñen que render contas aos electores, a democracia participativa vaise construíndo en Venezuela.
Nestes momentos no que algúns se alegran macabramente da desgraza persoal, preguntámonos que poden ofrecer hoxe ao pobo venezolano os que defenden as receitas do neoliberalismo A resposta é fácil, só poden ofrecer o mesmo país que explotou no "Caracazo". Os comunistas españois consideramos que hoxe máis que nunca é o momento da unidade das forzas progresistas e transformadoras en Venezuela, que teñen unha alta responsabilidade nas súas mans, continuar o legado de Chávez.
 
Fonte: PCE
 
 
 
 
Copyright 2004 © Partido Comunista de Galicia