espacio
Portada Volver Contactar
espacio
CUBA: AS ÚLTIMAS REFORMAS ECONÓMICAS
 
Baixo o título arriba indicado, a profesora de Economía da Universidade da Habana Yailenis Mulet Concepción impartirá dúas conferencias na derradeira semana de febreiro. A primeira terá lugar en Vigo o día 25 ás 19.30 na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27). A segunda terá lugar en Santiago o día 26 ás 19.30 no Centro Socicultural de Fontiñas.
 
 
Partido Comunista de Galicia


Ditas conferencias enmárcanse dentro dunha xira que a citada economista vai realizar por diversos lugares do Estado, convidada pola Coordinadora Estatal de Solidariedade con Cuba.
A Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil convida a asistir a estes actos a todas as persoas interesadas en coñecer de primeira man e por medio dunha especialista o proceso de reformas económicas que se está levando a cabo desde o VI Congreso do PCC, celebrado no 2011.
 
Fonte: ASOC FRANCISCO VILLAMIL
 
 
 
 
Copyright 2004 © Partido Comunista de Galicia