Os/as homenaxeados/as son aquelas/es que militan desde antes da creación do PCG en 1968 sobre a base anterior da organización galega do PCE, e que continúan co seu compromiso militante coa causa do comunismo dende hai xa máis de 45 anos. Entre eles, David Álvarez Carballido, militante desde 1956, Santos Costa Barroso (1963) e Julio Agrelo Trigo (1963). Un acto de merecida homenaxe a estes homes e mulleres que fixeron da honestidade, o compromiso e a causa do comunismo o cerne das súas vidas.
A homenaxe será presentada por Begoña Rodríguez, da Xuventude Comunista, e Isabel Sánchez, do PCG. Contará coas intervencións de Quique Guerreiro, Secretario comarcal da Xuventude Comunista; Xesús Alonso Montero, Presidente do Foro pola Memoria Republicana de Galicia e Carlos Portomeñe, Secretario xeral do Partido Comunista de Galicia.
Coincidirán, polo tanto, tres xeracións de comunistas, nun acto onde se conxugan o pasado, o presente e o futuro do comunismo en Galicia, e máis concretamente en Lugo.
Faráselles entrega aos veteranos/as dunha medalla de Sargadelos deseñada por Isaac Díaz Pardo exclusivamente para homenaxealos por toda Galicia.
O cartel tamén foi deseñado por Xaime Quessada co mesmo motivo.
Xa que logo, contamos con dous artistas fundamentais na historia de Galicia, tristemente desaparecidos, que colaboraron co PCG para este merecido tributo a unha vida de loita e sacrificio pola liberdade, a igualdade e a xustiza social.
PROGRAMA
Presentación:
Begoña Rodríguez
Isabel Sánchez
Intervirán:
Quique Guerreiro, Secretario comarcal da Xuventude Comunista
Xesús Alonso Montero, Presidente do Foro pola Memoria Republicana de Galicia
Carlos Portomeñe, Secretario xeral do Partido Comunista de Galicia
Entrega de medallas aos veteranos/as
Haberá actuacións musicais e proxeccións audiovisuais.