Tal día como hoxe, o 24 de xaneiro de 1977, un grupo de fascistas asaltaba o despacho dos avogados laboralistas do PCE e CCOO. No acto foron asasinados os cinco compañeiros Javier Benavides, Enrique Valdelvira, Javier Sauquillo, Serafín Holgado e Anxo Rodríguez, resultando feridos de gravidade Alejandro Ruiz Hortas, Luís Ramos, Mª Dores González e Miguel Sarabia.
Hoxe continúa na memoria colectiva das e dos mozos comunistas o asasinato dos camaradas, cinco vidas arrebatadas pola ultradereita, sendo os seus herdeiros, amparados polo Estado de Dereito e por unha transición a medio facer baseada na mentira e o esquecemento, os que continúan arrebatando o noso futuro. Trinta seis anos despois, a loita pola liberdade e a democracia que estes avogados libraron segue máis vigente que nunca. A batalla pola conquista dos dereitos laborais que levaron a cabo, é a mesma á que nos enfrontamos na actualidade.
Por iso, a Xuventude Comunista entende o deber permanecer nas rúas co fin de lograr a transformación dunha sociedade que desgraciadamente segue amparando á ultraderecha que presta servizo ao sistema. Malia os ataques sufridos, o medo non conseguirá doblegarnos nin ante a represión nin ante os ataques que sofre a clase obreira por parte do goberno e a patronal. A medida que os nosos dereitos mérmanse, a determinación e o compromiso da mocidade aumenta, alimentada polo recordo de heroes como aos que hoxe lles rendemos homenaxe, aqueles avogados que perderon a vida no despacho do número 55 da madrileña rúa Atocha