espacio
Portada Volver Contactar
espacio
O PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA ANTE AS AGRESIÓNS DO GOBERNO
 
As medidas que anunciou o Presidente do Goberno na súa comparecencia parlamentaria do 11 de xullo, continúan profundando a estratexia iniciada polo PSOE, o 10 de Maio de 2010, de situar o pago da débeda pública como o obxectivo fundamental da nosa economía. Hai que lembrar que o aumento da débeda pública, que agora se utiliza para justificar estes recortes, está nos préstamos que tanto o goberno Zapatero como agora o de Rajoy viñeron facendo á banca, prestamos que nin foron devoltos, nin serviron para reactivar a economía real e o que é peor tampouco consolidaron os balances da banca española que segue necesitando liquidez para facer fronte ás súas obrigacións.
 
 
Partido Comunista de Galicia
jueves, 19 de julio de 2012


Para asegurar o pago das obrigacións contraidas coas emisións de débeda pública,unha débeda que consideramos ilexítima, o goberno está a tomar medidas que baleiran de contido o noso estado social e dereito ao reducir o gasto social, os dereitos laborais dos traballadores da administración pública e aumentar a fiscalidade indirecta, estas medidas que afectan fundamentalmente aos traballadores e traballadoras aos que se segue facendo correr co custo da crise, só van traer máis dor e desesperación, farán perder poder adquisitivo ás persoas traballadoras, e en absoluto van mellorar a situación das persoas desempregadas, ao contrario destruirán aínda máis emprego.
En paralelo, de forma complementaria, aprovéitase a crise para baleirar de contido a democracia. Así, en primeiro lugar, acábase co Estado Social ao implementar normas, como as que acabamos de mencionar ou a reforma laboral, a reforma das pensións, a redución das cotizacións sociais ou das percepcións por desemprego que nada teñen que ver co pago da débeda, é unha opción de clase que persegue manter a taxa de beneficio do capital e reducir a capacidade de intervención e os dereitos recoñecidos da clase traballadora.
En segundo lugar, o acordo que vai tomar hoxe o Consello de Ministros, ao modificar a Lei de Bases de Réxime Local supón o maior ataque que se produce contra os concellos e a autonomía local. Un ataque que vai eliminar toda capacidade de goberno nos concellos de menos de 20.000 habitantes, que elimina as mancomunidades como instrumento de cooperación intermunicipal e reduce o número de concelleiros para potenciar o bipartidismo.
En terceiro lugar, o comportamento das forzas de seguridade é cada vez máis agresivo e cada vez é máis evidente que tratan de converter cada mobilización, cada conflito social ou laboral nun problema de orde pública e nunha persecución xudicial cunha clara intención de criminalizar a quen se opoñen á política do PP.
Por último, a implicación do Xefe do Estado en determinados momentos ante a crise, sempre en favor dos poderosos, ten o seu reflexo máis evidente cando reúne ao Consello de Ministros o mesmo día que se van a aprobar os maiores recortes da historia. É cada vez máis evidente que a Monarquía, o Rei, toma partido en favor dunha saída antisocial da crise, en favor das clases dominantes fronte ás persoas traballadoras.
Este Goberno fai o traballo sucio á patronal, ao capital, cunha reforma laboral que destrúe dereitos sociais e trata de cambiar o marco de relacións laborais, un goberno que cede a soberanía nacional a institucións europeas como o BCE que non teñen ningún control democrático e actúa ao mandato dos mercados e o capital especulativo.
Un goberno, en definitiva, ao que lle sobra a Constitución de 1978 e que abriu un verdadeiro proceso constituínte de forma autoritaria e por Decreto Lei no que non se dá a posibilidade de contrastar alternativas, nin se permite que a cidadanía poida decidir en referendo os cambios constitucionais que se producen, no seu maior parte, pola vía do Decreto Lei.
Esta situación merece unha resposta que de forma global, coordinada e unitaria expoña un modelo social e democrático que confronte coa ofensiva do capital, que defenda a solidariedade fronte ao recorte. É por iso que entendemos a necesidade de situar o impulso dos mineiros como punta de lanza do que debe ser un movemento que free a este goberno na súa estratexia de agresión social, democrática e laboral, que leva a España a converterse nun Estado intervido, dependente e ao servizo dos mercados, que non son outra cousa máis que o gran capital internacional.
Chamamos á nosa militancia, aos nosos amigos e amigas a desenvolver os acordos da Conferencia Política. A organizar esta resposta traballando con todas as persoas afectadas polas medidas de axuste, a construír a alternativa, á defensa dos dereitos da clase obreira conquistados en anos de loita, a expor unha proposta de democracia avanzada para dar resposta ao movemento que percorre as rúas e prazas desde o 15 de maio de 2011, a confirmar a unidade da esquerda ao redor dunha alternativa social, anticapitalista, democrática que confronte co proxecto que o bipartidismo, os poderes económicos e a monarquía están a desenvolver neste proceso constituínte que a dereita está a impor en España. Unha alternativa que constitúa unha proposta de Estado que sexa referente de quen sofren a crise e de quen buscan facer realidade a construción doutro mundo que non só é posible se non cada vez máis necesario.
É o momento da unidade na acción, na loita, é a hora de traballar para a síntese nas propostas que permitan marcar unha axenda para disputar a hexemonía ao neoliberalismo. É o momento da mobilización. Chamamos a secundar e participar nas mobilizacións convocadas para o próximo 19 de xullo polos sindicatos de clase e a preparar de forma unitaria un calendario de movizaciones que derrote a ofensiva neoliberal.
 
Fonte: PCG
 
 
 
 
Copyright 2004 © Partido Comunista de Galicia