COOKIE_INFO_HEADER

COOKIE_INFO_OK Usamos cookies propias e de terceiros para realizar análises de uso e medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideraremos que acepta o seu uso. Podes cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de Cookies

14 de abril, por unha república de traballadores, por unha república socialista!

14 de abril de 2024

Bon dia,
Compañeiros, amigos, camaradas, o primeiro, transmitirvos un saúdo e o agradecemento pola vosa asistencia a este acto, en nome do Partido Comunista de Galicia, do seu Comité Comarcal e no meu propio como Secretario Comarcal.

Hoxe celebramos que aquel 14 de abril de hai 93 años, este país se ergueu co corazon cheo de esperanza e alegría ante un futuro de liberdade, igualdade, xustiza e democracia, coa procamación da Segunda República. En datas significadas como esta, lembramos e honramos a memoria dos que non dubidaron en dalo todo, ate a vida, por defender os ideais e as esperanzas de democracia, liberdade e xustiza social que encarnaba a Republica de 1931.

Este ano, celebramos tamen que esta comarca conqueriu algúns éxitos na inxente tarefa de recuperación da memoria e da verdade.

Temos avances nos traballos de localización e recuperación dos corpos de represalidados das fosas, dando por fin as familias a reparacion e o respeto que este pais lles adebeda dende hai máis de 80 anos.

Hai tamén unhas semanas, se inaugurou moi preto de eiquí un monumento en lembranza das víctimas da represion franquista. Unha idea impulsada coa teimuda e imparable forza de Vicente Couce, apoiada polo traballo de moitos, pero tamen freada polo inmobilismo e o desleixo deses que logo enchen a sua boca coas palabras “concordia” ou “tolerancia”, manchando e prostituindo o seu significado.

Lamentablemente, tamén este ano tivemos retrocesos, como o indecente exemplo do Partido Socialista en Neda e o seu alcalde Angel Alvariño, que non dubidaron en votar a favor do mentemento dun monumento de exaltación franqusita nas rúas dese concello veciño.

Contra estes tempos novamente escuros, onde volve prender a plaga do fascismo, o remedio non pode ser só a defensa. Temos que pasar á ofensiva, organizada e colectivamente. Por isto, chamamos a todos os traballadores conscientes á actividade, a apoiar e a organizarse ó redor do Partido Partido Comunista.

Para esta tarefa inxente, é imperativo que o Partido Comunista quede libre das cargas que arrastra dende hai decadas. Deben caer as caretas detras das que leva agochado demasiado tempo. Temos que volver falar ante a clase obreira de xeito directo, cunha mensaxe firme, clara, sen filtros nin distorsions.

Neste sentido, reiteramos que o PCG aposta pola superación do réxime imposto polo franquismo en 1978 e defendemos a República como a unica opción axeitada ás necesidades da mayoría social: a clase traballadora.

O noso Partido aposta por unha república cun modelo político, social e económico de base socialista, non só ó servicio da clase traballadora, senon directamente controlada por ela, por nos: polos traballadores e traballadoras de toda condición.

Temos moito traballo por diante, e o acicate para perseverar debe ser sempre a memoria e o exemplo de todos os camaradas e traballadores que nos precederon e ós que hoxe rendimos homenaxe.

Por todos eles...

VIVA A REPUBLICA
VIVA A CLASE OBREIRA
NIN PAZ ENTRE CLASES, NIN GUERRA ENTRE POBOS

Categorías:

Comparte: